Saltar ao contido principal

Pispieiro Abogados — Despacho de avogados en A Coruña con ampla experiencia en dereito privado, responsabilidade civil, dereito laboral, penal, marítimo e administrativo.

A firma

Nada en A Coruña en 1981. Hoxe conta con ampla experiencia en todas as áreas profesionais do Dereito, especialmente adicados ao dereito privado e a responsabilidade civil.

Cliente

Dende o trato personalizado, márcase unha liña de traballo global, na que se consiga a defensa dos obxectivos marcados mediante a negociación, mediación ou solución xudicial do asunto encomendado.

Obxectivo

Proponse coma obxectivo defender os intereses dos clientes, proporcionando un asesoramento xurídico personalizado, integral, eficaz e de calidade, xerador de confianza e de resultados.

Compromiso

O noso compromiso co cliente é total, cos únicos límites que impón o código deontolóxico e a ética profesional.

Membros do Equipo

José Luis Villar Pispieiro

José Luis Villar Pispieiro

Avogado

Tel: 981 121 245

Avogado en exercicio dende o ano 1.981. Previamente cursou os estudios de Náutica na Escuela Oficial de Náutica de La Coruña, superando os exámenes de Capitán da Mariña Mercante. Posteriormente licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1.978. Dende 1.978 ata 1.983 foi Profesor Adxunto de Dereito Marítimo na Escuela Oficial de Náutica de La Coruña, hoxe Escuela Superior de la Marina Civil. Dende o ano 1.981, adícase ao exercicio profesional, participando en diversos congresos e seminarios que abarcan dende o Dereito marítimo ata a responsabilidade civil. É membro colexiado en todos os Ilustres Colexios da provincia de A Coruña. Membro de LEAN ABOGADOS dende xaneiro de 2019.

José Luis Villar de la Riera

José Luis Villar de la Riera

Avogado

Tel: 981 121 245

Licenciado en Dereito pola UDC en 2003. Titulado EPJ Ilustre Colexio de Avogados da Coruña 2003/2005. Colexiado número 4213 do Colexio de Avogados da Coruña. Letrado en práctica dende 2005 na oficina VILLAR PISPIEIRO ABOGADOS con formación e experiencia específica no campo da responsabilidade civil, desenvolvemento de técnicas de negociación extraxudicial para a resolución de conflitos, e asesor de empresa en asuntos civís-mercantís e Consumo. Letrado externo de FIATC na provincia de A Coruña. Director do Área de Responsabilidade Patrimonial da Administración en VÍA SANCIONADORA, especialista en Responsabilidade Civil e Seguro. Deputado 5º da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. Membro de LEAN ABOGADOS dende xaneiro de 2019.

Rubén Vázquez Rodríguez

Rubén Vázquez Rodríguez

Avogado

Tel: 981 121 245

Licenciado en Dereito pola UDC en 2003. Titulado EPJ Ilustre Colexio de Avogados da Coruña 2003/2005. Colexiado número 4208 do Colexio de Avogados da Coruña. Letrado en práctica dende 2005 na oficina VILLAR PISPIEIRO ABOGADOS con formación e experiencia específica no campo da responsabilidade civil, dereito laboral, procesal penal e penitenciario e de consumidores e usuarios. Asesor de empresa en materia laboral e mercantil. Colaborador da Área de Dereito Procesal Penal e Procesal Laboral en VÍA SANCIONADORA. Membro de LEAN ABOGADOS dende xaneiro de 2019.

Gonzalo Díaz Otero

Gonzalo Díaz Otero

Avogado

Tel: 981 121 245

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, avogado en exercicio, colexiado 4.520 ICACOR, Máster en Avogacía, especializado en Dereito Administrativo e Procedemento Sancionador, con formación e experiencia en materia de responsabilidade civil e delitos económicos. Membro do Órgano Instructor Colexial do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. Dende 2012 Socio Director de Vía Sancionadora. Antigo membro da International Commercial Arbitration Moot. Membro de LEAN ABOGADOS dende xaneiro de 2019.

Áreas de Traballo

Pispieiro Abogados é un despacho de carácter xeralista que, co fin de prestar un servizo integral aos seus clientes, posúe amplos coñecementos e experiencia nas materias que se detallan:

Honorarios

Pispieiro Abogados ofrece a empresas e particulares os servizos dun despacho tradicional adaptado ás novas tecnoloxías.

Consulte a posibilidade de contratar os nosos servizos a través de iguala concertada, variable segundo obxectivos e con descontos proporcionais.

Se desexa que lle fagamos presuposto pode solicitalo, sen ningún compromiso nin gasto, no propio despacho (previa cita) ou a través da nosa dirección de correo electrónico: info@pispieiroabogados.es

Contacto

Pispieiro Abogados

Defendendo os seus intereses dende 1981.